Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan un ano máis o curso de filleiros de Muimenta

Por 28 Outubro, 2021Novembro 13th, 2021Sin comentarios

O sábado 13 de novembro, a comisión responsable da Moexmu organizará no Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta unha nova edición do curso de filloeiras, destinados a todas aquelas persoas, tanto da comarca en particular como da provincia en xeral que desexen asistir.

O curso será a partir das 15.30 horas nos stands do Recinto Feiral Manuel Vila. A formación estará ao cargo de filloeiras e filloeiros que acuden ano tras ano a elaborar as filloas nesta Festa de Interese Turístico de Galicia, e a partir das 17.00 horas e ata as 19 horas, habrá tamén degustación desas filloas para toda a xente que se queira achegar.

Non é este o primeiro curso que se celebra, xa que a primeira edición tivo lugar no ano 2005 a cargo da comisión da Moexmu dese ano. Ademais, entre os anos 2009 e 2013, a organización foi conxunta coa Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño. Este ano, decidiuse retomar esta actividade e separala das xornadas previas á Festa de Interese Turístico de Galicia, para, deste maneira, os participantes teñan tempo para ir practicando e mellorando ao longo destes meses, e chegados o caso, repetila.

Igualmente, non serán solo os nenos a quen se dirixe a edición deste ano, senón tamén, para rapaces e a toda a xente que desexe aprender ou perfeccionar a elaboración das filloas. A comisión da Moexmu espera a que algún se incorpore a participar na elaboración deste típico producto da gastronomía galega o vindeiro 1 de maio, día da celebración da XXXI edición da Festa da Filloa de Muimenta – Festa de Interese Turístico de Galicia.

O único requesito para participar e apuntarse en Mercería Teresa, antes o 9 de novembro, ou chamando ao teléfono da Moexmu 982 504 002 e inclusive a través do seu correo electrónico (moexmu@gmail.com) e das súas redes sociais.