Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol recupera as clases de baile e ximnasia

Por 1 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol organiza, como viña facendo dende hai anos, clases de baile latino e de salón para os veciños e veciñas que desexen anotarse. E tamén ximnasia de mantemento para todas as mulleres do municipio que estean interesadas.

Para as clases de baile poden apuntarse os veciños e veciñas que lles apeteza aprender a bailar, e aqueles que xa saiban pero queiran perfeccionar os seus pasos, ou incluso aqueles que queiran pasar a tarde/noite dos luns diferente e divertida.

Ás clases de ximnasia de mantemento poden apuntarse todas as veciñas do municipio que queiran facer algo de exercicio e divertirse nas tardes/noites dos martes e dos xoves.

Estas dúas actividades darán comezo na segunda quincena de outubro, e as inscricións poderán facerse a partir do martes día 5, nas oficinas do Concello de Friol ou a través do correo electrónico info@concellodefriol.es.

As clases de baile realizaranse os luns en horario de 21:00 a 22:30 horas.

A ximnasia será os martes e os xoves en  horario de 21:00 a 22:00 horas.

Ámbalas dúas actividades levaranse a cabo no pavillón de deportes do Concello de Friol.

“Dende o Equipo de Goberno animamos a todas as persoas que o desexen, a participar en estas actividades, coas que se pretende que os habitantes do municipio estean activos e fagan exercicio, moi importante para a saúde física e mental” indica o alcalde popular Jose Ángel Santos.