Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Cinco medallas para os atletas de Friol na carreira popular de Brión

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

O pasado sábado 2 de outubro se disputou a Carreira Popular de Brión, unha das primeiras citas do calendario atlético da presente tempada e onde os deportistas do Atletismo Friol tiveron unha destacada actuación, xa que lograban un total de cinco pódiums.

Así, María Carballido gañaba a categoría sub 23 sobre un circuíto de cinco kilómetros, no cal empregaba un tempo final de 19.26 minutos. Pola súa parte, Adrián Lage tamén se impoñía na proba sub 23, onde remataba cun crono final de 16.26 minutos. Tamén Nerea Lage se impoñía na categoría sub 20, mentras que a súa compañeira de equipo, Eva Freire, se facía ca segunda posición. Por último, Nemesio Gutierrez tamén conseguía a victoria na categoría de máster 3.

Polo que respecta as categorías inferiores, tomaron parte na proba sub 14 os mozos Mateo Miragaya, Samuel Miragaya, Ramón Loureiro, Oihane Gómez, Mara Montes e Uxía Platero, sendo Mateo Miragaya o mellor clasificado, xa que entraba na cuarta posición.