Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda LUGOXAFriolFriol TERRACHÁXA

Friol sae de andaina de novo

Por 16 Outubro, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Friol organiza, en colaboración co C.P.I. Doutor López Suárez e o Club Atletismo Friol, como vén facendo dende hai anos, unha andaina popular na que poden participar todas as persoas que estean interesadas. Despois de non poder realizar a edición pasada, no 2020, este ano retómase esta actividade que tanto gusta á veciñanza.

Poden apuntarse, nas oficinas do Concello ou na circular que se enviará dende o centro educativo, todos e todas aqueles que lles apeteza pasar unha mañá diferente desfrutando da paisaxe do noso municipio, da compañía de outros camiñantes, e do Camiño Real ata a parroquia de Cotá, que será o punto no que remate a andaina. Dende alí poderán regresar para Friol nos buses que o Concello porá a disposición dos participantes, ou a pé, aquelas persoas que o prefiran.

A saída será dende a Casa do Concello ás 11:00 horas do sábado 30 de outubro.

Está previsto que participen uns 350 camiñantes do Concello e de outras partes da provincia.

“Dende o Equipo de Goberno animamos a todos e todas que o desexen, a participar en esta andaina popular que percorre lugares moi fermosos do noso territorio, na que participan dende bebés ata persoas de maior idade” indica o alcalde popular Jose Ángel Santos.