Skip to main content
Guitiriz

Comeza a funcionar en Guitiriz o Servizo de Atención Temperá

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz advertiu que xa está activo o Servizo de Atención Temperá, que vai destinado para a atención integral a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade.

Tal e como se anunciou, o centro estará situado na aula multiusos do Telecentro (planta baixa) de Guitiriz e conta terapia ocupacional, logopedia e fisioterapia.

As persoas que desexen recibir máis información poden solicitala no teléfono 982 370 109 (extensión 1) ou no servizo de pediatría do centro de saúde.