Skip to main content
Guitiriz

Unhas 320 persoas están inscritas nas escolas deportivas de Guitiriz

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

Guitiriz xa conta con máis de 320 persoas, entre adultos e rapazada, inscritos nas dez escolas deportivas do municipio.

A oferta deportiva abrangue desde o fútbol sala, ximnasia rítmica, patinaxe de grupo en Guitiriz e Parga, tenis de mesa, ximnasia de rehabilitación en Guitiriz e Parga, actividades aeróbicas, zumba infantil, baloncesto, atletismo e campo a través, pilates e ioga.

As escolas deportivas deron comezo o pasado 1 de outubro e durarán ata o 30 de maio, agás a escola de fútbol sala que empezou en setembro e durará ata xuño. Ademais, este ano como novidade inclúese zumba infantil, que está a ter bastante demanda entre a veciñanza.

As instalación onde se desenvolven son o IES Poeta Díaz Castro, os colexios Lagostelle e San Estevo de Parga, a Casa Barxa, a escola de Parga e o pavillón municipal.

O pago da matrícula por cada actividade e participante será ata o venres 8 de outubro. Se algunha persoa quere darse de baixa antes de empezar a actividade correspondente, ten de prazo ata o día 5 de outubro, incluído.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, destacou que “con este abanico tan amplo e completo de disciplinas deportivas, Guitiriz aposta en firme polo deporte e polos hábitos de vida saudables”.

Morandeira tamén agradeceu “a gran labor realizada polo equipo de goberno e persoal técnico municipal para poñer a dispor da veciñanza unha oferta deportiva de tanta calidade”.