Skip to main content
Guitiriz

Xermolos continúa este sábado a homenaxe á científica Jimena Fernández de la Vega

Por 7 Outubro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

Xermolos continúa este sábado coas actividades en lembranza de Jimena Fernández de la Vega, científica galega do ano, que foi médica do Balneario de Guitiriz, arredor de 1945.

Este recoñecemento vai dirixido por ser unha gran investigadora na xenética e na hidroloxía, que loitou contra a discriminación da muller na universidade converténdose na primeira licenciada en medicina da Universidade de Santiago.

Xermolos leva todo o ano facenco cousas, así un certame sobre a muller na ciencia no que participaron ducias de colexios de toda Galiza que foron agasallados no XLII Festival de Pardiñas.

Dentro do programa celebráronse varias accións que continuarán este sábado, 30 de outubor, ás 19.00 horas na Casa Habanera cunha conferencia de Susana Bayo Besteiro, física e investigadora na Facultade de Ciencias de Vigo sobre auga, medio ambiente e sustentabilidade. O título da súa intervención é As bondades de romper coas fronteiras.

Así mesmo, o día 11 de novembro, ás 13.00 horas, no IES Díaz Castro haberá tamén unha táboa redonda na que participarán tres doutoras: Sonia María Gómez Pardiñas, Eva María López Roca e Laura Losada Ares.