Skip to main content
Guitiriz

Abre unha nova edición das Receitas de Outono con poesía en Guitiriz

Por 16 Outubro, 2021Sin comentarios

A biblioteca municipal Casa Habanera de Guitiriz, xunto co Servizo de educación familiar, organizan unha nova edición das Receitas de Outono con poesía para poñer en valor os produtos de tempada e a dinamización da lectura e escritura.

O prazo de participación será ata o vindeiro 15 de novembro. A proposta consistirá en elaborar unha receita con algún producto outonal, sacarlle unha foto e darlle un nome á elaboración.

A continuación, deberá elaborarse un poema orixinal que teña por temática o outono e que conte cunha extensión mínima de 4 versos e máxima de 16 versos.

Para poder participar é impresincible enviar a foto da elaboración culinaria e o poema, ao correo electrónico biblioteca@concellodeguitiriz.com. Todos eles iránse publicando nas redes sociais do Concello.

O xurado elixirá a receita e o poema máis creativas e a persoa gañadora recibirá un agasallo, que será entregado na Casa Habanera. Valorarase a conexión entre a receita e o poema.

Admítense dous receitas/poemas por participante e poderán participar persoas de calquera idade.