Skip to main content
Axenda Caducada

Chega a Guitiriz a mostra No Camiño

Por 17 Outubro, 2021Outubro 25th, 2021Sin comentarios

O colectivo Egeria achega a Guitiriz a exposición No Camiño, unha recompilación de imaxes antigas das distintas rutas do Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo e que ademais estarán acompañadas de textos literarios.

A mostra levarase a cabo do 18 ao 25 de outubro na Casa Habanera de Guitiriz. As persoas interesadas poderán achegarse a visitala, de luns a xoves, en horario de 10:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 18:00 h. O sábado tamén se poderá visitar de 10:00 a 12:00 horas.

Representantes do grupo de goberno municipal acudirán á inauguración que terá lugar o vindeiro luns, 18 de outubro ás 12:15 horas.