Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz acolle a reunión para a posta en marcha de novo do programa Xogade

Por 25 Outubro, 2021Sin comentarios

A Casa Habanera do Concello de Guitiriz acolle hoxe a xuntanza do Deporte Escolar para a zona da Terra Chá, na que participan os concellos de Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Begonte, Abadín, Mondoñedo, Xermade Meira, Pastoriza e Rábade.

O encontro terá lugar ás 18:00 horas, na bilblioteca da Casa Habanera e nel participarán Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz; Iván Morado, concelleiro de Deportes de Guitiriz; Manuel Martínez, técnico de deportes de Guitiriz; Manuel Otero, Xefe de Servicio de Deportes da Xunta; Carlos Lorenzo, responsable de Deporte Escolar da Xunta; Dani Moirón, técnico da Xunta, e Juan Somoza, coordinador de Deportes da Agrupación Terra Chá.

Esta reunión está enmarcada dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia que volve tras o parón da pandemia.