Skip to main content
Guitiriz

Volve o BTTeando por Guitiriz coa súa IV edición dende novembro

Por 29 Outubro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Tras o parón pola pandemia da covid-19 chega a IV edición do BTTeando por Guitriz (tempada 2021/2022), unha serie de rutas en bicicleta polos sitios máis característicos do concello organizada polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club BTTeiros Cova da Serpe.

Levarase a cabo unha saída ao mes desde novembro de 2021 e ata maio de 2022.

As persoas interesadas poderán anortarse no Concello ou no Club BTTeiros Cova da Serpe antes de cada roteiro.

As actividades están abertas ao público en xeral a partir dos 10 anos de idade. Será obrigatorio o uso do casco e será recomendable levar peza de froita (aconsellable plátano) e auga.

Á súa vez, infórmas que pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.

En todas as rutas seguirase o protocolo covid19 vixente.

A programación dará comezo o 14 de novembro dende Guitiriz para percorrer o Muíño da Ruxida, a partir das 10.00 horas.

O 12 de decembro será a vez do pantano de San Xoán e o domingo 9 de xaneiro irán polo Camiño Norte de Santiago.

Durante o ano seguinte as rutas serán por Cova da Serpe, ruta do Muíños, ruta do Camiño Real e Penas de Rodas (Outeiro de Rei).