Skip to main content
Muras

O Concello de Muras remata as obras do Fondo de Compensación

Por 17 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Muras está a rematar as últimas obras do Fondo de Compensación Ambiental, que teñen data de fin durante o próximo mes, aínda que moitas delas tamén están finalizadas e un orzamento de preto de 600.000 euros.

Este grupo de obras engloban actuacións de todo tipo. Así en 15 días estarán en funcionamento os puntos de recarga eléctrica situados en Muras e no Viveiró, “unha obra que supón un punto de diferenciación para o Concello de Muras”, explica o socio de Goberno socialista Mario Rouco.

Entre as obras executas neste grupo está o cambio da caldeira de gasoil a unha de biomasa no colexio, dentro do programa que están a realizar de mellora da eficiencia enerxética. Dentro do capítulo de eficiencia enerxética tamén figura o cambio das luminarias a tecnoloxía LED na zona da Veiga.

Tamén entre no grupo as obras de construción dunha depuradora para o núcleo urbano do Viveiró, “unha das obras que requería de urxencia ao tratarse dun servizo básico”, explica o concelleiro. Ademais de levar o abastecemento a tres lugares máis, O Porto,  O Cal do Viveiró e Pío Corto.

Outras das obras foi a renovación da área recreativa da Veiga, concretamente na zona da estatua do peregrino e o chiringuito, “coa intención de facer unha reforma para facer máis atractivo e cómodo este lugar”, subliña.

Con estes cartos do fondo de compensación comprouse unha máquina hidrolimpiadora para a limpeza e mantemento de rúas e estradas do termo municipal e séguense sumando novos contedores para o sistema de recollida de lixo.

Así mesmo, están en curso as obras de pavimentación do Plan de Camiños de Agader, que se reparten por todas as parroquias do termo municipal.