Skip to main content
Muras

Premiada unha fotografía que recolle o casco urbano de Muras de noite

Por 14 Outubro, 2021Sin comentarios

Unha fotografía de Marcos López Alonso que reflicte a casco urbano de Muras vén de ser recoñecida co segundo premio no Congreso Estatal de Astronomía, na categoría de paisaxe nocturno.

A imaxe remóntase á primavera de 2019 durante a madrugada e xa acumula varias distincións e tivo moitas ventas segundo explica o seu autor.

Marcos López Alonso é xefe da sección de astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural e vicepresidente da Asociación de Fotografía Ferrolterra, ademais de ser o encargado de realizar os cursos de fotografía astonómica que se fan periodicamente en Muras. Ademais participou activamente na iniciativa impulsada polo Concello para obter o selo Starlight.

“Cando a fixen todo saiu practicamente rodado; teño vendido xa varias copias dela neste tempo. Incluso está colgada no comedor do bar Santi en Muras. Pero hoxe deume a maior satisfacción que me podía dar; e digo isto porque o recoñecemento do mundo da fotografía non é sinxelo de acadar; pero o da astronomía e moito máis complexo, porque na Astronomía non se pode inventar no procesado, na Astronomía hay que tratar de ser fiel no contido a realidade do que é. Estou verdadeiramente contento de que ese criterio de ser realista fose recoñecido nun certame tan importante. Gracias e disfrutade desta fermosura. Vide a Muras!”, relatou o autor da imaxe.