Skip to main content
A PastorizaAxenda TERRACHÁXA

Imparten na Pastoriza tres obradoiros para persoas coidadoras

Por 10 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello da Pastoriza impartirá entre outubro e novembro tres obradoiros dirixidos principalmente ás persoas coidadoras. O primeiro deles leva por títutlo Coidando ao Coidador, e terá lugar o luns 25 de outubro, entre as 16.30 e as 20.30 horas. O obxectivo do mesmo é formar os coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de técnicas que lles faciliten o labor.

O seguinte será o 28 de outubro, de 16.30 a 20.30 horas e versará sobre o manexo do estrés e da ansiedade co obxectivo de aprender a xestionar as emocións e conseguir un manexo axeitado do estrés e da ansiedade para lograr unha adaptación óptima a calquera situación de cambio ou de transición vital.

Rematarán este ciclo formativo co curso Mobilización e coidados de persoas dependentes, que se impartirá o 19 de novembro, de 16.30 a 30.30 horas.

A formación busca dotar de habilidades aos coidadores de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural así como crear un foro onde coidadores e profesionais sanitarios poida intercambiar experiencias sobre coidados de saúde.

Os cursos terán lugar no salón de actos da casa da cultura da Pastoriza e a inscrición debe realizarse nos teléfonos 982 332 197 e 629 534 793.