Skip to main content
As Pontes

A biblioteca das Pontes remota mañá os clubs de lectura

Por 3 Outubro, 2021Sin comentarios

Mañá luns, 4 de outubro, ás 20:00 horas, a Biblioteca Municipal Rivera Rouco, retoma o club de lectura Interclubtural, un club de lectura de achegamento á cultura e á língua galega dirixida a público adulto.

Unha parte dos participantes serán de procedencia non galega e outra de xente de Galicia co fin de intercambiar maneiras de entender a vida, costumes e diferentes culturas.

Tamén mañá, pero ás 18:00 horas, a Biblioteca Municipal Rivera Rouco pon en marcha un Club de Lectura Infantil para rapaces e rapazas de 8 anos en diante sobre clásicos e novidades da literatura infantil galega así como da literatura universal traducidos ao galego.

Tamén haberá actividades creativas como vídeos para a canle de Youtube do proxecto e a creación de textos literarios.