Skip to main content
As Pontes

O venres pecha o prazo para inscribirse no MOVA 2021 das Pontes

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

A asociación de comerciantes Cohempo das Pontes organizará este ano de novo MOVA, o Mercado de Oportunidades Vila das Pontes, que terá lugar os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro coincidiendo coa celebración da Feira dos Fungos.

Esta é outra das citas que se recupera tralo paso da pandemia.

Todos aqueles comercios interesados en participar poderán inscribirse durante esta semana na oficina de Cohempo situada no primeiro andar do mercado municipal.  Tamén poden recibir máis información no teléfono 694 446 724 ou no mail cohempo@cohempo.es. O prazo para anotarse remata este venres, 8 de outubro.

Prevese que o mercado estea aberto, o sábado e o domingo, de forma ininterrompida durante o día e que haxa, entre outros, postos de roupa infantil, moda de muller, deportes, agasallos, calzado, complementos, papelería, perfumería, saúde e produtos agrocomerciais que ofrecerán descontos e promocións especiais nos seus produtos.