Skip to main content
As Pontes

González Formoso insta a unir dentro o PSdeG para sumar fóra

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

Valentín González Formoso expresou a necesidade de “unir dentro do PSdeG para sumar fóra” e afirmou que “a candidatura que eu represento o ten claro, así o levamos facendo desde que nos incorporamos ao servizo público da política e así seguiremos, levamos este estilo no ADN”.

Formoso destacou que “a militancia está reclamando un liderado que sume e que una ao PSdeG” e transmitiu unha mensaxe “positiva” para poñer en valor o proceso de Primarias á Secretaría Xeral do partido, que está a levar “con absoluta normalidade” e do que cree que “debe confrontar proxectos, non persoas”. “Pola miña parte nunca escoitaredes crítica fóra dos órganos do partido, nunca o fixen, nunca o farei e menos a un compañeiro”, subliñou.

O candidato continuará esta tarde a súa axenda de encontros coa militancia por toda Galicia, que o levou nas última xornada a Ribadavia na que foi a súa primeira visita en campaña á provincia de Ourense.