Skip to main content
As Pontes

As Pontes celebra o Día das Bibliotecas con actividades toda a semana

Por 18 Outubro, 2021Sin comentarios

Co motivo da celebración do Día das Bibliotecas, que se conmemora o vindeiro 24 de outubro, esta semana a Biblioteca das Pontes ten preparadas unha chea de actividades para todo tipo de públicos e de libre participación, aínda que terán o aforo limitado e cumprirase co protocolo anti covid.

As actividades arrincarán este mércores 20, ás 20.30 horas na Casa Dopeso, cunha palestra literaria a cargo de Marcelino López Méndez co título Apuntamentos sobre a Ilíada e a Odisea. A esta actuación seguirá, o xoves o contacontos de Raquel Crespo, ás 18.00 horas, tamén na Casa Dopeso, que porá en marcha o espectáculo Dúas heroínas voando van.

Tamén o xoves, pero ás 20.30 horas, no mesmo local, haberá un recital poético co título De Poetas e Dei-versos.

A programación continuará o venres, ás 18.00 horas, tamén na Casa Dopeso. Olga Brañas lidera o espectáculo Cinema e música.  E ás 21.00 horas, no auditorio Alovi, a compañía Sarabela Teatro representará a obra de teatro A lingua das bolboretas.

O sábado 23 remata o programa. ás 12.00 horas, co proxección do documental Negro púrpura, da produtora Illa Bufarda. Será tamén na Casa Dopeso.