Skip to main content
Axenda Caducada

Novo obradoiro de modelado en 3D nas Pontes

Por 20 Outubro, 2021Outubro 23rd, 2021Sin comentarios

Amigus Labs organiza este sábado, 23 de outubro, un obradoiro de FreeCAD. FreeCAD é unha das ferramentas de referencia no mundo maker para a creación e modelado de pezas en 3D, totalmente libre (e gratuíta), que alcanzou o seu máximo apoxeo gracias á popularización das impresoras 3D, ó alcance xa de calqueira persoa hoxe en día. É multiplataforma, polo que poderás usala indistintamente en calqueira ordenador con calqueira Sistema Operativo: Windows, Linux ou OSX.

O relator fará unha introducción dende cero a esta ferramenta, para indicar como crear as tuás primeiras pezas. O obradoiro será totalmente práctico.

Para participar no obradoiro é obligatorio rexistrarse a través dun formulario na web do organizador. E unha actividade patrocinada pola Xunta de Galicia e para participar é necesario unicamente un ordenador coa última versión de FreeCAD instalada (v0.19, dispoñible en https://www.freecadweb.org/downloads.php) e, preferiblemente, un rato de 2 botóns + roda de desprazamento.

Idade recomendada a partir de 10 anos. Os menores de idade deben de traer a autorización para asistir o obradoiro.