Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

O MOVA volverá ás Pontes a fin de semana do 1 de novembro

Por 21 Outubro, 2021Novembro 2nd, 2021Sin comentarios

Unha imaxe da edición do MOVA do 2019

O Concello das Pontes volve organizar, tras o parón provocado pola situación sanitaria derivada da covid-19, unha nova edición do Mercado de Oportunidades Vila das Pontes (MOVA) que se celebrará os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro coincidindo coa XXXI Feira de Fungos e Cogomelos.

A través XIII edición do MOVA, organizada pola Concellería de Turismo, Hostalaría, Comercio e Consumo coa colaboración da Asociación de empresarios, comerciantes e hostaleiros Cohempo e na que participarán unha veintena de establecementos, o goberno local busca dinamizar o sector comercial para atraer á veciñanza e as persoas visitantes para fomentar o consumo nos establecementos locais e aumentar as súas ventas, contribuindo á impulsar a economía local desde a vila e a comarca.

En palabras de Elena López, responsable da área “o comercio de proximidade ten unha gran importancia como motor económico e social da nosa vila, contribúe a crear un tecido sectorial sólido, xerador de centos de empregos, e constitúe un dos eixos do desenvolvemento local e dinamismo da vila. O MOVA preséntase como unha excelente oportunidade para que os establecementos comerciais ponteses, tras un ano complicado debido a situación económica derivada da pandemia, poidan incrementar a súas vendas e á veciñanza e visitantes doutros municipios se lles ofrece a oportunidade de descubrir novos establecementos e gozar de atractivas ofertas comerciais, incentivando deste xeito o comercio de proximidade”

O mercado estará aberto, o sábado e o domingo, en horario de mañá, desde ás 10:00 ás 15:00 horas e, en horario vespertino desde ás 16:30 horas ás 20:30 horas e o luns, desde ás 10:00 ás 14:30 horas e estarán instalados postos de roupa infantil, moda de muller, deportes, agasallos, calzado, complementos, papelería, ópticas e roupa de fogar, entre outros, que ofrecerán descontos e promocións especiais nos seus produtos.
Entre todos os compradores repartiranse premios valorados en 600 euros, a través de traxetas rasca, para gastar nos establecementos que participan nesta nova edición do MOVA.

Elena López fai ficapé na implicación, esforzo e compromiso dos comerciantes con esta iniciativa, respaldando a continuidade do Mercado de Oportunidades Vila de As Pontes e “amosando, un ano máis a súa aposta pola nosa vila e por un dos sectores fundamentais da economía pontesa”