Skip to main content
As PontesAxenda CaducadaRábade TERRACHÁXA

De Vacas actúa mañá en Rábade

Por 21 Outubro, 2021Outubro 30th, 2021Sin comentarios

O grupo De Vacas fará parada na súa xira de outubro en Rábade. O grupo de versións en galego estará na vila do Miño este venres 22, ás 20.00 horas no centro sociocultural da vila.

Debido a que o aforo é limitado haberá que reservar praza enviando nome, DNI e teléfono a dirección asociocultural@rabade.org. Só poden pedirse dúas por persoa.

Outra das citas das artistas na comarca será nas Pontes, tamén ás 20.00 horas pero o día 30, no Auditorio Cine Alovi.

De Vacas son a Marela, a Pinta, a Morena e a Rubia, tamén coñecidas como Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández.

“Harmonías cálidas e guitarra colorida, unidas ao son do matraquillo cando é preciso, luces e coidada posta en escena. Seguen amosando a súa querencia polas autoras galegas como Marta Sánchez, Rosalía de Castro ou Enrique Igrexas, e profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar. As grandes referencias da adolescencia latexan ao fondo, consideran que son unha fonte inesgotable de creación que queren seguir explorando”.

As vacas actuaron por toda Galicia e xiraron por parte importante da península (Madrid, Valencia, Euskadi, Murcia, Andalucía, Asturias, Castela e León, Portugal…), ademais de ser espectáculo musical recomendado na Rede Española de Teatros e Auditorios no ano 2019.

Gañaron o Premio Territorio Violeta na Feira de Teatro de Ciudad Rodrigo, como recoñecemento polo traballo feminista en prol da igualdade de xénero no ano 2018 e os Premios Martín Códax da Música, na categoría de Coros e Música Vocal no ano 2016.