Skip to main content
Vilalba

Imparten en Vilalba este mes cursos de competencias en lingua e matemáticas

Por 5 Outubro, 2021Sin comentarios

O vindeiro 25 de outubro darán comezo no centro de formación de Cruz Vermella de Vilalba dous cursos de competencias clave de nivel 2. Un deles será sobre competencia matemática nivel 2, que se impartirá de 09:00 a 14:00 horas e o segundo será de lingua castelá, tamén nivel 2, que terá horario de 15:00 a 20:00 horas.

A adquisición das competencias clave de nivel 2 facilita aos participantes a futura realización de certificados de profesionalidade de nivel 2 en calquera ocupación, coa conseguinte mellora da súa empregabilidade.

A formación está dirixida de xeito prioritario ás persoas en situación de desemprego, é totalmente gratuíta e a maiores hai bolsas e axudas para facilitar a asistencia e participación dos alumnos.