Skip to main content
Vilalba

Volve a Feira do Indiano á parroquia vilalbesa de Santaballa

Por 26 Outubro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

A Liga Santaballesa recupera este domingo as Xornadas sobre Migracións Indianas, que acadan a súa undécima edición na contorna da escola habaneira da parroquia xunto á tradicional Feira Indiana.

Aínda que se manterán as regras básicas para impedir a propagación do virus, a cita recupera o seu tradicional programa festivo, que dará comezo ás 12.00 horas cun acto inaugural, ao que seguirá unha táboa redonda, moderada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila. Nela intervirán inmigrantes, emigrantes e representantes deste tipo de asociacións.

Seguirán cantares de Cego con Francisco do Romualdo e música a cargo do dúo D’Ases, durante a xornada de mañá.

Ao longo de todo o día, como haberá xogos populares e diversas exposicións e postos de venda, con especial presenza de artesáns que tamén ofrecerán mostras en vivo do seu traballo. Completarán a programación as visitas guiadas e teatralizadas ao cargo de Hipócrita Teatro, previa reserva no 652 790 220 e cun aforo máximo de 60 persoas.

Á 16.00 horas retomaranse as actuacións co presenza do cantares de cego novamente e da música de Airiños da Freba con animación de Celso Fernández Sanmartín.

Repetirá actuación o dúo e rematarán cunha queimada popular con Manolo Ferreiro.

Completará a programación outro coloquio o luns, ás 16.00 horas, en conmemoración do décimo aniversario do legado migratorio.