Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Xermade celebrará a final de mes unhas xornadas micolóxicas

Por 6 Outubro, 2021Outubro 25th, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade celebrará a fin de semana do 23 e 24 de outubro unhas xornadas micolóxicas. A programación dividirase en dúas xornadas, comezando o sábado cunha saída ao monte, entre 8.30 e 17.00 horas para a recollida de setas. Estará guiada polo micólogo Jose Luis Cuba con saída diante do Concello. Para esta actividade é necesario levar cesto, navalla e o almorzo.

O domingo será o tempo dos obradoiros, que se celebrarán na casa do Sindicato, en Xermade entre as 12.30 e as 14.00 horas. Este estará a cargo de Antonio Díaz e consistirá nunha análise e coñecemento dos cogomelos comestibles máis comúns en Galicia, os seus métodos de conservación e receitas básicas.

Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 982 501 001. A participación ten un custe de 15 euros por persoa e as actividades terán un aforo máximo de 20 persoas.