Skip to main content
Xermade

Xa poden solicitarse os nichos novos no cemiterio de Roupar

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade vai realizar o proceso de concesión dos novos nichos construídos no cemiterio de Roupar, que sufriu un proceso de reforma nas últimas datas.

O Concello informa que poderán obter a condición de concesionarios odos os veciños de Xermade, así como os seus familiares en primeiro grao. As concesións outorgaranse por rigorosa orde de solicitude.

O prazo de concesión son de 99 anos e a cota tributaria ascende a 1.500 euros por un niño de 4 prazas sen adosar ao peche.

As solicitudes poden facerse no Rexistro Municipal do Concello.