Skip to main content
Xermade

Organizan en Xermade un curso de iniciación á fruticultura

Por 18 Outubro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza en Xermade a acción formativa Introdución á fruticultura: dende a terra á mesa, co obxectivo de ofrecer uns coñecementos básicos, ás persoas interesadas, tanto das posibilidades que ofrecen os cultivos de froiteira como o seu cultivo e a transformación dos produtos.

Trátase de destacar a fruticultura como unha oportunidade de emprego ou autoemprego no rural, por medio da posta en valor da superficie agraria útil que nestes momentos está infrautilizada ou directamente en estado de abandono.

A acción formativa consta de 42 horas lectivas, que se desenvolverán na escola de Roupar. As sesións realizaranse principalmente ao longo dos sábados, entre o 22 de outubro e o 20  de novembro, para facilitar a asistencia das persoas destinatarias desta acción formativa. Así mesmo, buscando a dinamización e o intercambio de experiencias, realizarase unha visita de estudo ao Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Guísamo, onde os participantes poderán achegarse ás actividades desenvolvidas con distintas castes autóctonas de froiteiras e as súas elaboracións.

Para mais información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa unidade organizadora a través do correo pablo.lugaro.seco@xunta.gal