Skip to main content
Xermade

Xermade abre inscrición para os cursos de inverno nas parroquias

Por 23 Outubro, 2021Outubro 29th, 2021Sin comentarios

O Concello de Xermade prepara a nova tempada de cursos 2021/2022 que inclúe unha ampla variedade de actividades que serán de novembro a maio.

Así haberá catro tipos de cursos. O obradoiro de costura impartirase na Criba de Roupar o segundo e cuarto venres de mes en horario de 17.30 a 20.30.

Tamén ahberá outro de manualidades que se impartirá na Cámara de Xermade os luns de 19.00 a 21.00 horas e en Burgás os xoves co mesmo horario.

Haberá tamén teatro na Casa Habanera de Roupar os xoves de 17.30 a 19.30 horas e en Cabreiros tamén os xoves, pero de 20.00. horas a 22.00.

Completa o programa as clases de ioga. Haberá calses en Momán os martes de 11.30 a 13.00 horas; en Xermade os xoves co mesmo horario; no Calvario de Cazás os venres de 17.00 a 18.30 horas e en Piñeiro tamén serán os venres pero de 19.00 a 20.30 horas.

As inscricións poden facerse do 22 ao 28 de outubro por whatsapp ao 678 744 178 indicando o nome, lugar de empadroamento e curso ao que se quere asistir. Ofréces máis información no teléfono 982 50 10 02.