Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

Confirmada a X edición do festival Aturuxo de Bravos

Por 15 Novembro, 2021Xullo 30th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos comunicou oficialmente que para o vindeiro ano 2022 haberá festival Aturuxo e celebrarase o 29 e 30 de xullo.

O festival ourolés chega este ano a súa décima edición con moita forza xa que o ano pasado tivo que limitarse o aforo por mor da pandemia.

O obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol é poñer en valor a  cultura galega pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.

Este festival ten unha acampada gratuíta e buses dende a estación de autobuses de Viveiro ata Bravos. Ademais é un festival accesible para persoas xordas, xa que hai intérprete de lingua de signos.