Skip to main content
Axenda Caducada

Xa hai data para a XI Camovi

Por 18 Novembro, 2021Abril 24th, 2022Sin comentarios

A organización da Camovi, carreira de montes de Viveiro, anunciou a nova data para a vindeira proba do ano 2022. Esta carreira, que chega á undécima edición, celebrarase o 24 de abril e será unha de maiores edicións, albergando o Campionato de España en Línea Individual e por Seleccións Autonómicas, ademáis de recobrar as 4 distancias, CamoviKids, os Trainings Solidarios, charlas, exposicións.

Esta tradicional proba caracterizouse un ano máis pola dureza do seu percorrido pero, ao mesmo tempo, pola gran beleza paisaxística da contorna e este ano 2021 estivo marcada por se unha edición adaptada ás restricións sanitarias establecidas polo COVID-19.

Noutras ocasións as saídas estaban previstas para as 8 da mañá comezando a modalidade de 42 quilómetros e de relevos. Ás 9 comezaban os participantes dos 10 quilómetros, ás 10 a andaina, ás 10.45 os 21 quilómetros e ás 11 será a carreira infantil.

O prezo por participar oscilaba entre os 15 euros da andaina, e os 45 euros da carreira de relevos por parellas.