Skip to main content
Axenda Caducada

A Asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe ao Museo Provincial de Lugo

Por 22 Novembro, 2021Decembro 4th, 2021Sin comentarios

O próximo 4 de decembro a Asociación Patrimonio Laurentino, coa colaboración do Concello de Lourenzá e a Deputación Provincial, organiza unha viaxe ao Museo Provincial de Lugo.

“Cremos que pode ser unha moi boa oportunidade de compartirmos unha xornada moi agradable e desfrutar de importantes xoias do patrimonio e das artes, como a colección que o Museo Provincial ten da pintora ligada a Lourenzá Julia Minguillón”, informaron dende a asociación.

A saída será dende o Cantón ás 9.30 horas en autobuses que volverán ás 19.00 horas, e para participar é necesario anotarse antes do día 31 de novembro no teléfono 649 281 791.