Skip to main content
Mondoñedo

O Apalpador visitará Mondoñedo o venres 24

Por 27 Novembro, 2021Marzo 8th, 2022Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo acollerá o venres 24 de decembro a tradicional visita do Apalpador. Este evento será ás 17.30 horas e contará con pasarrúas a cargo de Carricantos.

Fará a súa saída dende a praza do Concello e así comprobará se os máis pequenos comeron suficientemente durante o ano e deixaralles algún agasallo.