Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo engalana as rúas e espazos da cidade polo Nadal

Por 28 Novembro, 2021Marzo 8th, 2022Sin comentarios

Mondoñedo engalana as rúas e espazos da cidade polo Nadal. Os espazos con decoración navideña, os cales van a ser denominados “Rincóns”, serán a Praza da Catedral (Rincón de Laponia), a Praza do Concello (Rincón do Trineo), a Alameda (Rincón de Nadal), a Fonte Vella (Rincón dos Reis Magos), o Barrio dos Muíños (Rincón de Nadal no Polo), a Praza Jaime Cabot e a entrada do Auditorio.

Na Praza da Catedral estará a casa de Papá Noel e haberá un buzón para que os nenos e nenas podan depositar as súas cartas; na Praza do Concello situárase o trineo de Papá Noel; na Alameda e o Barrio dos Muíños a decoración constará de figuras de músicos e cervos, bonecos de neve, árbores de nadal…; e na Fonte Vella haberá tres buzóns decorados dacordo a cada un dos Reis Magos e tamén se colocarán as figuras do Belén a tamaño real.

“Esta decoración será un reclamo máis para visitar Mondoñedo cun casco histórico absolutamente idóneo”, sinalan desde o goberno local-

Estará en funcionamento desde o 4 de decembro ata o 9 de xaneiro

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

O Concello programa numerosas actividades entre o 2 de decembro e o 8 de xaneiro.

Haberá concursos, concertos, cine, contacontos, eventos deportivos… para facer desfrutar destas datas tanto aos máis pequenos como os máis maiores da casa. Destaca que o día 31 de decembro haberá campanadas de fin de ano desde a Catedral.

“Queremos agradecer á Asociación Cultural O Pasatempo, Escola Municipal de Música O Pallarego, Motoclube Ruta N-634, Escola Percusión Mondoñedo, GaitaEscola, Asociación Xuvenil Xoldra, ANPA Amolou e Federación Galega de Espeleoloxía por participar neste programa de actividades para o Nadal”, subliñan desde o goberno local.

“Con esta programación de actividades e engalanando deste xeito a nosa cidade, o que queremos é un Nadal para os nenos e nenas e para recuperar a ilusión”, finalizan desde o Concello