Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os traballadores de Alcoa rechazan a proposta de parar dous anos o aluminio

Por 30 Novembro, 2021Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa rechazou por unanimidade a proposta que a dirección da factoría cervense fixo onte e na que pararían dous anos a produción de aluminio para reanudar a súa actividade no 2024, sen despedimentos ata entón e con permisos retribuídos.

Esta proposta non lle sirve ao comité pois esquece aos traballadores das empresas auxiliares e segundo José Antonio Zan, presidente do comité, “para nos os traballadores das auxiliares son iguais que os traballadores propios de Alcoa, son arredor de medio milleiro”.

Así, mesmo Zan engadiu que “debemos ter unha reunión urxente co Ministerio de Industria e a Xunta par aver que apoios e que solucións poñen enriba da mesa”.

“Solicitamos un plan de viabilidade a 15 ou 20 anos con todas as garantías e para toda a Mariña, por iso necesitamos que se mollen as Administracións”, engadiu Zan.

Tamén comunicou que seguirán coa folga xeral polo menos ata que se celebre unha reunión cos representantes da Xunta e Goberno central.

A portavoz nacional, Ana Pontón, reiterou que a intervención pública é a única garantía para a fábrica de Alcoa ,e advirte contra a dirección da multinacional que ten demostrado non ser de fiar, porque nin A Mariña nin Galicia poden correr o risco de atoparse ante unha nova Alu Ibérica.

A líder do Bloque destaca que podemos estar ante unha nova “argucia” da multinacional de cara ao seu obxectivo de lograr o peche de planta de San Cibrao, e se pode permitir que o fiasco de Alcoa na Coruña se repita agora na Mariña, “temos que aprender das experiencias negativas sabendo que a dirección non é de fiar”, alegou.

Desde o Ministerio de Industria esperan manter unha reunión nos próximos días onde Alcoa explique a todas as partes interesadas os termos da proposta con maior detalle e en particular, o plan industrial que detalle os investimentos necesarios para garantir as capacidades industriais e a competitividade da planta. Así mesmo, é necesario un maior detalle sobre as actuacións que garantan a base actual de clientes e os seus contratos de subministración.