Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Veciños da Mariña crean a plataforma Eólicos na Mariña, así non

Por 8 Novembro, 2021Novembro 10th, 2021Sin comentarios

Máis de 50 persoas chegadas de distintos puntos da Mariña reuníronse na Casa da Cultura de Foz pra constituír a plataforma Eólicos na Mariña así non, coa que preteden unir forzas e desenvolver accións para frear a expansión de megaparques eólicos que se están a promover por toda a Mariña, tamén por Meira e Pol e que se integran na mesma plataforma.

As áreas de traballo serán a informativa, a legal, as movilizacións e a coordinación có resto de plataformas e asociacións sobre todo de Galicia e Asturias.

Consideran que a actual xestión dos megaparques, propostos cada vez máis perto das vivendas e dos lugares de traballo, e levados adiante totalmente a espaldas das persoas e colectividades afectadas, vulnera os dereitos das mesmas, “devalúa a nosa calidade de vida, deteriora o valor ambiental e económico dos espazos nos que se asentan e de todo o seu entorno, e teñen un coste ambiental altísimo. Pola contra, os seus beneficios para o territorio e as comunidades asentadas nel, son nulos”, din dende a plataforma.

As persoas que esteñan interesadas en poñerse en contacto coa plataforma poden facelo no correo electrónico eolicosnamariha.asinon@gmail.com.