Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

O futuro da Mariña, será o principal reto da nova dirección comarcal do BNG

Por 25 Novembro, 2021Sin comentarios

Dentro do proceso da XVII Asemblea Nacional, o BNG vén de conformar a nova dirección  na Mariña. A asemblea comarcal escolleu na tarde de ontes xs militantes que formarán parte da executiva e do consello comarcal. O cargo de responsable comarcal recae en Antonio Veiga Outeiro, sendo Pilar Vázquez Sánchez, de Xove, a vice-responsable, seguidos de  Mario Pillado Mon, Miriam Bermúdez García, Daniel Castro García, Mónica Freire Rancaño, Xorxe Caldeiro Díaz, Montserrat Porteiro Sánchez e Ana Ermida Igrexas. O consello comarcal complétase con representantes de todas as localidades. A proposta de nova dirección formulada polo consello comarcal saínte foi aprobada por unanimidade pola asemblea comarcal.

INTERVENCIÓN DE ALCOA. VESTAS SOLUCIÓN. PLAN DE INDUSTRIALIZACIÓN E REACTIVACIÓN ECONÓMICA

Desde o BNG márcanse como obxectivo inmediato o traballo diario cóbado a cóbado coas traballadoras e traballadores mariñaos e o conxunto da sociedade, na liña en que viñeron facendo ata o de agora, polo Futuro da Mariña  e insisten na necesidade  da intervención de Alcoa, solución para a plantilla de Vestas e un Plan de Industrialización e Reactivación Económica que entre outras cousas inclúa un Plan Interinstitucional (tenen que implicarse conxuntamente goberno central e xunta) de Inversión en Infraestruturas xerais estratéxicas, xeradoras de emprego (transporte, autovía, vía de alta capacidade, solo industrial,  medio ambiente….) e que evite o desequilibrio territorial consecuencia de anos de desigualdade que sufre A Mariña a respecto doutros territorios. “Unha comarca, a nosa,  donde os investimentos da Xunta e do Estado nunca foron directamente proporcionais aos nosos recursos, ás nosas  potencialidades e ao noso traballo, e donde os sectores produtivos agrogandeiro e pesqueiro sufriron e sufren tamén  as consecuencias de anos de abandono por parte do Estado e da Xunta” afirmaron desde o BNG.

CATRO REPRESENTANTES NA DIRECCIÓN NACIONAL DO BNG

A representación mariñá na direccion nacional estará composta por Ana Ermida Igrexas, Daniel Castro García, Antonio Veiga Outeiro e Pilar Vázquez Sánchez. A  asemblea  valorou moi positivamente o traballo e o compromiso coa Mariña que están amosando tanto desde a dirección coma desde os cargos nas diferentes institucións.