Skip to main content
Axenda Caducada

Confirman a data do Toxiza Gran Trail para o 2022

Por 14 Novembro, 2021Abril 3rd, 2022Sin comentarios

O Toxiza Clube de Montaña e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo organizan o Toxiza Gran Trail para o 2 e 3 de abril do vindeiro ano 2022.

Esta é unha das probas de montaña máis multitudinarias, non só de Galicia senón de todo o Norte de España, así, o ano pasado participaron uns 560 deportistas .

Os participantes nas probas competitivas estarán distribuídos en catro opcións, catro carreiras convencionais de 60, 42, 24 e 14 quilómetros e unha andaina de 14 quilómetros.

A maratón previsiblemente será a primeira en tomar saída desde a praza dá Catedral, mentres que a andaina comezará máis tarde.