Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

O club de Bolos Xove celebrou a quinta tirada no centro social do Cruceiro

Por 17 Novembro, 2021Sin comentarios

O club de Bolos Xove celebrou esta fin de semana a quinta tirada  no centro social do Cruceiro onde participaron 29 xogadores.

Foi unha tarde agradable para desfrutar dun bo campo de xogo na que a cabeza da categoría sénior hai un grupo de xogadores que que  están destacando e sacando unha interesante renda aos seus competidores. O líder, Francisco Pérez, inda que vé a súa renda diminuída, continúa forte e sumando puntos. A victoria do mozo Daniel Alonso aúpao á terceira posición da xeneral, a só dous puntos de Rafael González.  

No tocante a liga feminina sorprendeu Belén Meitín xa que era de esperar que a actual campiona Julia López fora a gañadora, pero polo momento non é así. Das 5 tiradas celebradas ata o momento, Julia gañou 2, Belén outras dúas e Concepción Piñeiro gañou outra. Por detrais Carmen e Concepción tentan seguirlles o rítmo a estas dúas, pero veremos se o consiguen.

Na sub16 o principal favorito está a ter unha competencia máis dura do inicialmente previsto. Xenxo Salgueiro domina o campionato con 28 puntos, pero Christian é segundo con 23, gañándolle ademáis a Xenxo nas tres últimas tiradas. Prevese, polo tanto, unha máis que interesante loita polo liderato nesta categoría.

A próxima tirada vai celebrarse no centro social da Vara o vindeiro sábado 20 de novembro.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Daniel Alonso López

Subcampeión: Miguel López Formoso

Terceiro: José Rafael González Bermúdez

Sénior maiores de 60

Campión: José González Rodríguez

Subcampeión: JosçeLópez Riveira

Sub16

Campión: Christina Cociña González

Subcampeión: Xenxo Salgueiro Franco

Terceiro: Naia Cancelos Martínez

Feminina

Campiona: Belén Meitín Rouco

Subcampeiona: Julia López Formoso

Terceira: Carmen Roca Corral