Skip to main content
Cultura AMARIÑAXAFozMar AMARIÑAXA

O pasado pesqueiro de Foz arranca na Idade Media

Por 28 Novembro, 2021Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

A pesca da balea e a exportación de madeira foron as actividades principais da poboación, que mantiña tres estaleiros

O nome de Foz procede lo latín vulgar focem, que en latín clásico era faucem gorxa, paso estreito, fauces, un lugar por onde un río desemboca no mar, neste caso o río Masma, e tamén é un paso estreito entre montañas.

Foz é unha vila de tradición mariñeira e a súa historia está constantemente unida a el, comenzando coas antigas civilizacións, en época prerromana, que chegaban a través deste medio. Segundo os historiadores, a súa fundación pode remontarse á época dos ártabros, e eos estudiosos dicían que existía a posibilidade de que fose unha das factorías que no litoral galego estableceron os tartesos cando chegaron á zona.

Máis tarde asentáronse os fenicios e romanos buscando a riqueza aurífera destas terras, de ahí que un dos seus ríos chámase Ouro e tamén chegaron cristiáns fuxidos das illas británicas para formar una colonia chamada Bretoña e levantar un templo que posteriormente foi reformado e que actualmente se considera a primeira sede episcopal de todo o territorio español, San Martiño de Mondoñedo.

No final da Idade Media, e grazas á exención á vila de Foz dos tributos e os dereitos concedidos polos Reis Católicos, a pesca da balea e a exportación da madeira foron as actividades económicas máis importantes para a poboación. Por aquel  tempo a vila focega contaba cun dos tres estaleiros máis importantes de Galicia.

Xa naqueles tempos era coñecido como Porto de Masma e foi refuxio de navegantes, así como podía atoparse en todos os mapas de navegación e no século XII, era un dos únicos portos da cornixa cantábrica con tráfico internacional, integrado nas rutas entre Inglaterra, Flandes e Portugal.

Na primeira metade do século XVII en portos como San Cibrao, Foz ou Burela a industria baleeira deu lugar a un produtivo intercambio comercial co resto da área cantábrica, chegando incluso até Francia. Pero despois, entre finais do século XVII e principios do século XVIII, a caza de baleas en Galicia foi esmorecendo por varias razóns, debido a que levaron á sobreexplotación e á case extinción do único mamífero mariño que se cazaba daquela nas nosas augas, a balea franca. O portos baleeiros aumentaran considerabelmente, aumentou o número de barcos e mesmo viñan barcos franceses, e os navíos aumentaron a súa tonelaxe, ata que a caza desapareceu.

Máis tarde co Tratado de Utrech perdéronse parte dos dereitos no negocio da pesca de baleas polo que a vila entrou en recesión económica da que rexurdiu anos despois, alá polos anos 20, con novos productos para comercializar como o millo, a pataca, o lenzo e a estopa.

Xa no século XX chegaron as épocas migratorias e a Guerra Civil, e a pesca volveu ser un factor determinante para a vila de Foz.

Hoxe en días xa non é o importante porto que foi en antaño, pero dende aquí seguen zarpando os mariñeiros para facer capturas dos peixes e mariscos que poderemos atopar despois nos mercados e restaurantes.