Skip to main content
Alfoz

Alfoz continúa coas reunións para o deseño do orzamento municipal

Por 4 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Alfoz segue coas reunións coa veciñanza das diferentes parroquias para o deseño do vindeiro orzamento municipal, así como para informar sobre diferentes obras, servizos e programas que se están a desenvolver no municipio.

Serán os venres e darán comezo neste mes de novembro coa parroquia de Bacoi, seguirá o día 12 Carballido, o 19 Adelán e o día 26 no Salón de Actos da Casa da Cultura xuntaranse as de Mor, O Castro, Reirado e diferentes asociacións, clubs, etc.

Trátase de convocatorias abertas a toda a cidadanía que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro en cada unha das parroquias de Alfoz coa intención de establecer un diálogo sobre todos aqueles temas de interese e onde recoller as demandas, dúbidas e/ou suxerencias dos veciños e veciñas para mellorar entre todos o noso pobo.

Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 558 001 (ext.2).