Skip to main content
Barreiros

O PP de Barreiros pide “celeridade” na obra da rúa do centro de saúde

Por 20 Novembro, 2021Sin comentarios

O PP de Barreiros demándalle ao goberno local máis celeridade na obra da rúa do centro de saúde paralizada dende fai un mes e que dote de iluminación esta céntrica rúa que comunica as vivendas sociais coa rúa principal de San Cosme onde se localizan os establecementos comerciais.

O portavoz municipal, José Manuel Gómez Puente, explica que “as obras comezaron a primeiros de setembro e, dende fai máis dun mes, non volveron traballar; a pesar de que están sen rematar”. 

Así mesmo, indica que “é necesario dotar de alumeado a esta rúa de forma urxente porque nestes meses que hai poucas horas de día e ás oito da mañá que abre o centro de saúde que se atopa nesta rúa aínda é noite polo que os profesionais sanitarios e os pacientes teñen que acudir a escuras”. Igualmente, as persoas que participan nas actividades do centro sociocultural despois das seis e media da tarde atópanse cunha rúa totalmente a escuras”.

Os populares propoñen, cando menos, acender as dúas farolas que hai na fachada do centro de saúde – colocadas antes de comezar as obras- para “evitar caídas e a inseguridade que supón camiñar por esta rúa a escuras”.

Gómez Puente pídelle “sensibilidade” á alcaldesa con respecto ás persoas que teñen que camiñar por esta rúa para acudir ao centro de saúde ou a calquera  outro lugar desta rúa”.