Skip to main content
Burela

Burela convoca un novo concurso de postais de Nadal

Por 2 Novembro, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A biblioteca municipal de Burela, ven de abrir o prazo de presentación do Certame de Postais de Nadal 2021. Como en edicións anteriores está aberto a todos os nenos e nenas do Concello en idade escolar.

O tema das mesmas será o Nadal e a técnica libre así como o tamaño aproximado das postais debe ser de 15×21 cm. pechada, e 30×21 cm. aberta.

Establécense tres premios por cada unha das categorías que son Educación Infantil; 1º e 2º de Educación Primaria,  3º e 4º de Educación Primaria e 5º e 6º de Educación Primaria.

Os traballos enviaranse sen asinar acompañados dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor, teléfono, centro de estudo, curso e idade.

O prazo de entrega das postais, rematará o vindeiro, 14 de decembro ás 20.00 horas, entregaranse no andar baixo da Biblioteca Pública de Burela.

Os traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 15 de xaneiro, o seu horario de visitas será de luns a venres de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas.