Skip to main content
Cervo

Cervo gaña un premio de Salvamento Marítimo á mellor contribución ao ODS 14

Por 23 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Cervo gaña un premio de Salvamento Marítimo á mellor contribución ao “Objetivo Desarrollo Sostenible 14” respecto á conservación dos nosos mares.

O premio foi outorgado ao proxecto medioambiental “Ecoestruturas”, que consiste en reciclar diversos materiais, por exemplo botellas de auga ou pallets, para a posterior construción de estruturas que sirvan como mobiliario urbano público, como poden ser os cubrecontedores, aparcabicicletas ou cinceiros ecolóxicos.

A cerimonia de recollida de premios será o vindeiro 16 de decembro no Salón de Actos do Ministerio de Transportes, Mobilidade de Axenda Urbana, organizada pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima.

Declara o rexedor, Alfonso Villares: “valoramos moi positivamente a concesión deste accésit, que se nos foi outorgado por un dos diferentes proxectos que levamos a cabo no noso Concello en materia de sostenibilidade”. Engade que “esta mención danos outro motivo máis polo que seguir apostando polas políticas de economía circular e de desenvolvemento sostible, que son fundamentais para o noso goberno”.

Para a concelleira Mali Méndez  “é un orgullo ver situado ao noso concello no mapa estatal en materia medioambiental” e engade que “seguiremos a traballar para facer do Concello de Cervo un municipio punteiro no referente á reciclaxe”