Skip to main content
Lourenzá

Lourenzá convoca subvencións a asociacións do municipio para actividades culturais no 202 2

Por 25 Novembro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lourenzá aprobou as bases da convocatoria de subvencións a asociacións do municipio para a realización de actividades culturais durante o ano 2022. O orzamento dedicado a estas subvencións ascende a 6.000 euros.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “poderán beneficiarse destas axudas os programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente que, no ámbito da cultura, promovan asociacións culturais, veciñais ou colectivos, considerados de interese sociocultural para o Concello de Lourenzá e que estean dirixidas a toda a poboación en xeral. É requisito imprescindible para ser beneficiario destas subvencións estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións con anterioridade ao día de publicación da presente convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP. Tanto as bases coma os anexos onde aparecen os impresos de solicitude estarán publicadas na páxina web do Concello”.