Skip to main content
Mondoñedo

Mondoñedo organiza o seu tradicional concurso de decoración de Nadal

Por 2 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo organiza un concurso de decoración de Nadal en fachadas, balcóns, portais, escaparates e de árbores de Nadal.

Pode participar calquer veciño residente de Mondoñedo e haberá dúas modalidades: individual e colectiva, e mais un premio especial para a mellor árbore de Nadal.

O concurso estará aberto dende o mesmo momento que se decida anotarse a persoa ou grupo depersoas, pero nunca máis tarde do 22 de decembro, e ata o día 6 de xaneiro de 2022.

Pódese inscribir ata 23 de decembro na Oficina de Turismo de Mondoñedo en persoa ou a través do 982 507 177.

Haberá premios para as diferentes categorías, individual particular, individual comercio local, colectivo para comunidades veciñais e premio especial Mellor Árbore de Nadal.