Skip to main content
Mondoñedo

O Pazo de Santomé de Mondoñedo acolle a exposición No interior do abandono

Por 12 Novembro, 2021Decembro 23rd, 2021Sin comentarios

O 13 de novembro ás 12.00 horas no Pazo de Santomé de Mondoñedo terá lugar o acto de presentación da exposición No interior do abandono. Esta mostra está a cargo de Carlos Lorenzo e Baldo Ramos.

Unha mostra fotográfica e poemas do libro do mesmo nome do poeta Baldo Ramos e o fotógrafo Carlos Lorenzo é a base da reflexión visual e literaria da situación actual do rural galego. Desde o que semella a tristura da ruína, os autores lanzan unha imaxe de esperanza e de orgullo polo rural.