Skip to main content
Mondoñedo

Un ano máis o Concello de Mondoñedo conmemora o 25N por medio de actividades

Por 19 Novembro, 2021Sin comentarios

Un ano máis o Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero por medio de actividades e actos institucionais para visibilizar e loitar contra a lacra que é a violencia contra a muller, máxima expresión da desigualdade de xénero. 

Os actos centrais terán lugar o xoves 25 de novembro, de 11.00 a 12.30 horas. Durante ese tempo haberá un punto informativo na Praza do Concello, onde se repartirá material relacionado coa temática e se imporá o lazo morado. Estes materiais son tanto de edición propia do Concello como facilitados pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. 

Ás 12.00 horas terá lugar a lectura do manifesto contra a violencia de xénero. A continuación gardarase un minuto de silencio. Para esta data está prevista a iluminación morada da Fonte Vella e da Casa do Concello. 

Como é costume no Concello de Mondoñedo, as actividades contra a violencia de xénero non se centran nun único día, se non que se estenden ao longo do mes de novembro. Así, estanse a realizar diferentes actividades. Por un lado, instaláronse Vinilos pola Igualdade na Casa do Concello así como nos centros educativos de Mondoñedo; son vinilos con frases alusivas en pro da igualdade e contra a violencia de xénero. Outra iniciativa son os obradoiros, no IES San Rosendo, sobre Violencia de xénero nos contextos dixitais

No mes en curso, o pasado día 3, houbo contacontos sobre igualdade de Vero Rilo na Escola Infantil. O 13 de novembro o Concello colaborou co GDR Terras de Miranda e AGADER na andaina O rural contra a violencia de xénero. Igualmente colabórase coa asociación “Mulleres en Igualdade” (BUMEI) na gravación dun anuncio televisivo contra a violencia de xénero.