Skip to main content
Ribadeo

Comezan as obras de mellora da rede municipal de camiños de parroquias ribadenses

Por 15 Novembro, 2021Sin comentarios

Estes días comezan as obras de mellora da rede municipal de camiños nas parroquias de Ove, Arante, Cedofeita, Couxela, Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa. O investimento ascenderá a 212.000 euros, financiados polo Concello e pola Deputación de Lugo, a través do Plan Único. 

Actuarase nas parroquias de Ove, Arante, Cedofeita, Couxela, Vilaselán, Piñeira, Vilaframil, Rinlo e A Devesa. Cun orzamento de 212.454 euros financiados polo Concello e máis a Deputación de Lugo, a través do Plan Único, pavimentaremos con aglomerado asfáltico varios quilómetros de viarios públicos, incluíndo a dotación de corredores laterais de zahorra para darlles algo de máis anchura e seguridade, así como a pintura das liñas laterais. Para todo isto fixeron un procedemento de licitación aberto, sendo adxudicataria a empresa Desarrollos y Metas, SL, que contará cun prazo de 2 meses para executar estas obras.

As obras comezarán nos vindeiros días e seguramente provoquen cortes ao tráfico nestes puntos de actuación mentres se executan as obras.