Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo ten aberto o prazo para subvencións para eventos deportivos

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

O Concello de Ribadeo ten aberto ata o 1 de decembro o prazo de solicitude de subvencións por concorrencia para eventos deportivos celebrados neste ano, cun importe de 5.000 euros.

Segundo o Concello “desde a Concellaría de Deportes de Ribadeo facemos un balance do 2021 moi positivo, non só no ámbito deportivo, tendo en conta as circunstancias pandémicas, senón tamén no terreo das axudas económicas, é dicir das subvencións. Quero aclarar que se ingresou aos clubs deportivos unha suma moi notable, que proviña de exercicios anteriores, que por diversos desaxustes administrativos se foron retrasando pero non esquecendo; de feito hoxe estamos ao día. Sumando todas estas cantidades, tanto as que estaban pendentes como as axudas nominativas deste ano 2021, é unha contía total de 78.698 euros”, manifestaron.