Skip to main content
Ribadeo

Denuncian que a Oficina de información ao peregrino ribadense só estivo aberta dous meses

Por 24 Novembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal Popular de Ribadeo advirte que “o goberno local anunciaba a posta en marcha da Oficina de información ao peregrino, creada grazas ao obradoiro de emprego na antiga Oficina de Turismo. E agora, dous meses despois, está pechada. Non durou aberta nin dous meses e atópase convertida nun almacén”, denuncia.

Sierra explica que esta oficina “estivo aberta mentres pagou a Xunta. Despois pechouse pola falta de traballo deste goberno ausente: non foron capaces de tomar a decisión de contratar persoal do obradoiro para atender este punto de información”. A popular considera que as actuacións realizadas polo goberno local  “simplemente reducense a un retrato” con motivo da inauguración deste centro de información.

“É lamentable que o noso municipio, que é a porta de entrada do Camiño Norte, non dispoña dunha oficina do peregrino aberta permanente para atender e informar a tantos peregrinos que pasan polo noso pobo”, engade.

XESTIÓN VERGONZOSA

En xeral, a popular considera “vergonzosa” a xestión do BNG en relación ao Xacobeo e ás oportunidades económicas que conleva a súa celebración. “É lamentable que o noso municipio, que é a porta de entrada do Camiño Norte, non dispoña dunha oficina do peregrino aberta permanente para atender e informar a tantos peregrinos que pasan polo noso pobo”. Nese sentido, a vicevoceira cre que “non hai un traballo serio e constante. Só actúan por interese electoralista e sempre a rebufo”.

“Non hai un traballo serio e constante. Só actúan por interese electoralista e sempre a rebufo”, pregúntase a popular instando ao goberno local a aproveitar as sinerxías do Xacobeo e a implicarse “dunha vez por todas” na promoción do Camiño.