Skip to main content
Comarca TERRACHÁXARiotorto AMARIÑAXA

O PSOE lamenta as respostas da Xunta sobre a planta de residuos de Riotorto

Por 26 Novembro, 2021Sin comentarios

A deputada socialista Patricia Otero lamentou que a Xunta de Galicia siga sen dar explicacións sobre cales son os motivos da súa insistencia en instalar unha planta de tratamento de residuos no municipio lucense de Riotorto a pesar da oposición veciñal e institucional a esta iniciativa.

Otero preguntoulle no pleno do Parlamento por esta cuestión á conselleira de Medio Ambiente, que seguiu a dar “a calada por resposta” sobre as razóns do seu “empecinamento”.

Neste contexto, Patricia Otero criticou a falla de diálogo da Consellería con cinco dos seis dos concellos afectados “nun tema tan importante como é o da xestión de residuos”. Tras lembrar que, “dende o seu sectarismo político habitual, só escoitan ao de Riotorto”, instou á Xunta a “escoitar ao conxunto da veciñanza e dos alcaldes” para que “entre todos falen para buscar o mellor emprazamento e non sigan a facer as cousas así”.

Patricia Otero lembrou que a presión da veciñanza xa fixo recuar á Consellería de Medio Ambiente sobre o emprazamento inicial, previsto na parroquia de Aldurfe. Pero a pesar das advertencias sobre os posibles prexuízos para as explotacións gandeiras e mesmo as vivendas, a Xunta segue a buscar unha ubicación alternativa dentro do mesmo concello.

Patricia Otero sinalou que ao rexeitamento veciñal tamén se suma o dos alcaldes dos municipios da contorna. Así, os rexedores da Pontenova, Meira, Pol, Pastoriza e Ribeira de Piquín –que hoxe presentes na sesión do Parlamento- amosaron o seu desacordo con que Riotorto sexa o núcleo elixido para a esta nova planta porque construír esta planta onde quere a Xunta encarecería considerablemente os custes económicos da nova dotación.

Por iso, a parlamentaria do PSdeG apoiou a alternativa proposta polos alcaldes para que a planta se faga aproveitando as instalacións xa existentes no punto limpo Serra de Meira, en Xuncás, na Pastoriza. Desta maneira, “non se partiría de cero”, como no caso de Riotorto, e aforraríanse custos derivados do desprazamento dos residuos. A maiores, Patricia Otero lembrou que o punto limpo Serra de Meira xa conta con dotacións e accesos, só habería que ampliar as instalacións e, ademais, “non afectaría nin a explotacións gandeiras nin á veciñanza da contorna”.

XUNTA

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que houbo “consenso” e “diálogo” cos veciños e administracións dos municipios nos que se localizarán as plantas de biorresiduos, “necesarias” para a instalación do quinto contedor antes de xuño de 2022 -tras a ampliación do prazo por parte do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco)-.

Nesta liña, Vázquez puxo en valor a Estratexia Galega de Biorresiduos 2022-2023, na que a Xunta inviste 60 millóns de euros, coa que pretenden que ningún concello atópese a máis de 50 quilómetros dunha planta de tratamento. Así, están previstas catro plantas de compostaxe, unha por provincia, e 13 de transferencia.